Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello acometerá diversas melloras no campo de fútbol do Marino de Mera

Oleiros, 26 de febreiro de 2016-. O Concello de Oleiros realizará diversas tarefas de mellora no campo de fútbol do Marino de Mera logo da petición realizada pola directiva da entidade. Aínda que se trata dun campo de fútbol privado, o Concello colaborará nas tarefas de reparación das gradas, na colocación de redes e na mellora do terreo de xogo.

“Esta semana recibimos á directiva do Marino que nos pediu que lles botásemos unha man e imos facelo”, explicou o alcalde de Oleiros. García Seoane explicou que tamén se van acometer diversas melloras noutros terreos de xogo municipais e que en Mera tamén está previsto rematar a construción do novo campo tan pronto como sexa posible. “Agardo que a curto prazo  teñamos un campo novo en Mera. Xa temos o terreo necesario pechado e con muros. Agora o que fan falta son os cartos para facer os vestiarios, as gradas e o terreo de xogo. Son unhas obras moi importantes e tamén moi caras, pero imos realizalas”, dixo.
 

back link