Hemeroteca

Asset Publisher

Back O CONCELLO ACOLLE UNHAS XORNADAS FORMATIVAS SOBRE BANDEIRAS AZUIS

Oleiros, 25 de novembro de 2010-. Oleiros reunirá mañá a gran parte do persoal técnico medioambiental galego nunhas xornadas formativas sobre o distintivo de Bandeira Azul. Nas xornadas, que se celebrarán no CEIDA de Santa Cruz, tratarase o procedemento de solicitude e da posterior concesión deste distintivo. Ademais falarase da conservación dos hábitats costeiros asociados ás praias e de propostas para actividades sobre educación ambiental. As charlas comezarán ás 10.00 horas e prolongaranse ata as 18.00 horas cunha pausa de 14.00 a 15.00 horas para comer.

back link