Un muro de contención de altura variable servirá para estabilizar o cantil que protexe a pasarela de madeira que une os paseos de Santa Cruz e As Galeras, dentro do itinerario peonil da Costa Libre de Oleiros. A obra, que debería facer a Dirección Xeral de Costas do Estado, está a acometela o Concello con carácter de urxencia, debido aos grandes prexuízos que suporía para os centos de persoas que a diario transitan pola senda que volvesen producirse novos derrubamentos, como aconteceu hai uns meses.
Esta actuación de urxencia conta con todos os permisos pertinentes de Costas. Tal é así que os técnicos de Costas están a supervisar a obra e están en contacto permanente cos técnicos municipais.
Por incompetencia ou por afán manipulador –ou por ambos-, o PP de Oleiros intentou confundir a cidadanía falando de “graves irregularidades” nesta obra ao non discernir entre o prazo de alegacións da concesión e a autorización da obra.