Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Colexio de Nós segue coa conexión eléctrica de obra

Oleiros, 14 de novembro de 2016-. O Colexio de Nós, que iniciou en setembro o seu segundo curso académico, segue coa conexión eléctrica de obra. O Goberno municipal leva máis dun ano demandándolle á Xunta de Galicia que finalice os trámites para dar de alta a electricidade ordinaria do edificio canto antes.

“É alarmante o pouco poder que ten unha institución como a Xunta ante Fenosa. Cónstame que si presentaron os papeis, pero a compañía eléctrica segue sen realizar o cambio”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. Ademais da imposibilidade de ofrecer algúns servizos moi importantes para o alumnado, a luz de obra é moito máis cara. Mentres non tramiten a alta da conexión as facturas págaas a Xunta, pero en calquera caso non se pode permitir que ningunha administración pública pague por un servizo máis do que realmente debería.
 

back link