Oleiros, 21 de decembro de 2016-. O Concello de Oleiros, a petición da Asociación de Veciños de Nós, designou co nome de Juana de Vega o colexio da localidade, que se atopa inmerso xa no segundo curso da súa historia académica. O Goberno municipal, que comunicara esta decisión hai meses, estaba agardando pola confirmación da Consellería de Educación que se produciu hoxe.
Juana de Vega foi unha importante activista política, unha ilustre escritora liberal e unha benfeitora na localidade. Cando faleceu cedeu o Pazo da Carballeira para que se convertise en escola e deixou os seus cartos para os seus empregados e para a formación e a educación dos nenos e nenas da zona.