Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Colexio de Nós celebra unha xornada de portas abertas o luns pola tarde

Oleiros, 26 de febreiro de 2016-. O Colexio de Nós ten programada unha xornada de portas abertas o vindeiro luns día 29 de febreiro entre as 16:30 e as 17:30 para que nais, pais e alumnos poidan coñecer as instalacións deste centro de ensino, pensando no seguinte curso académico. O edificio está situado nun entorno medioambiental inigualable e limita cun parque público de máis de 20.000 metros cadrados.

O colexio ten capacidade para máis de 400 alumnos e alumnas. Neste primeiro ano alberga a 115 nenos e nenas. O novo centro está dotado de diversos servizos e grandes espazos como son biblioteca, salón de actos, comedor, ximnasio, pista polideportiva ou área de xogos infantís.
 

back link