Oleiros, 12 de xullo de 2013-. O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo clausurou esta mañá o obradoiro de emprego que ao longo dos últimos meses acondicionou as naves do viveiro municipal de empresas de Iñás. Ao acto acudiron a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Mato destacou a importancia deste tipo de cursos formativos e o alto nivel de integración laboral que teñen os traballadores e traballadoras de Oleiros. Pola súa parte o rexedor local eloxiou o traballo feito tanto polo persoal docente como polo alumnado, e aproveitou a ocasión para lembrarlle á conselleira a necesidade que ten Oleiros de contar con persoal de reforzo para labores propios do período estival polas singularidades do noso municipio e o incremento poboacional estacional que sofre debido ao turismo.