Oleiros, 24 de marzo de 2014-. O próximo mércores día 26 de marzo ás 10.00 horas celebrarase unha reunión informativa sobre o curso formativo para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2014. A reunión será na sede do Centro Municipal de Formación sito na urbanización OS Regos.
Os obxectivos deste curso son potenciar a formación básica da poboación adulta do noso municipio e proporcionar a formación para o emprego e a adquisición de habilidades transferibles a outras profesións, facilitando a reconversión profesional. Esta actividade formativa esta dirixida a todos os veciños e veciñas maiores de 18 anos que carezan do título de graduado en educación secundaria.