Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Ciclo de Teatro Xuvenil remata o venres coa representación de ¿Irene Mendiluce¿

Oleiros, 25 de maio de 2016-. O VII Ciclo de Teatro Xuvenil chega ao seu fin este venres. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera será o escenario, a partir das 20:15 horas, da representación de “Irene Mendiluce” que realizará a Agrupación de Teatro do IES María Casares.

A obra xira arredor de Irene Mendiluce, que comeza a obra coa seguinte intervención: “Fun consciente de que o mundo non era perfecto cando tiña seis anos. Non tardei en descubrir que a miña nai tamén estaba en apuros. Meu pai era tan duro con ela como con Max e comigo. Mamá dicíanos que tiña mal xenio e que se enfadaba porque nos quería. Pero no colexio ensinábannos que ás persoas ás que se quere non se lles fai dano. Foi entón, á corta idade de seis anos, cando comprendín que a iso non se lle pode chamar amor”.
 

back link