Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Castelo iluminarase de rosa polo Día Mundial contra o cancro de mama

 Oleiros, 19 de outubro de 2020-. O Castelo de Santa Cruz iluminarase esta noite de rosa polo Día Mundial contra o cancro de mama. Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende que se aumente a atención e a sensibilización, a detección precoz, o tratamento e os coidados paliativos das mulleres que padecen a patoloxía.

 
Ademais desta iniciativa, o Concello de Oleiros desenvolve o programa Móvete+, unha actividade física adaptada para mulleres que se atopan nun proceso oncolóxico ou que xa o pasaron. As persoas interesadas en participar debe dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade ou chamar ao 981610000.
 
back link