Oleiros, 10 de outubro de 2019-. O Castelo de Santa Cruz iluminarase esta noite de azul turquesa polo Día Mundial da Dislexia. Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende dar visibilidade a esta dificultade específica da aprendizaxe que afecta, como mínimo, a un 10% de la poboación.
Na campaña #unidosporladislexia, que organiza a Federación española de dislexia y otras dificultades específicas del aprendizaje (FEDIS), participan o Congreso dos Deputados, deputacións provinciais de todo o Estado e numerosos concellos.