Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Castelo iluminarase de azul en solidariedade coas persoas que loitan contra a diabetes

Oleiros, 13 de novembro de 2017-. Mañá celébrase o Día Mundial da Diabetes, por ese motivo o Concello de Oleiros vai iluminar o castelo de Santa Cruz de cor azul pola noite. O azul identifica o movemento mundial que traballa para previr a diabetes, unha enfermidade que  afecta a case 400 millóns de persoas en todo o mundo e cústalle a vida a case 5 millóns delas.

Estímase, segundo diversos estudos, que o 10% do custo sanitario a nivel mundial podería evitarse modificando os factores e hábitos de risco que provocan a diabetes, polo que resulta fundamental incidir nestes aspectos a través da información e da prevención.

Ademais, mañá tamén haberá unha andaina solidaria que organiza o Club de Leóns de Oleiros con saída do Balcón de Maianca ás 11:30 horas.
 

back link