Hemeroteca

Asset Publisher

Back O campo de fútbol municipal de Iñás pasará a denominarse Fernando García Núñez

Oleiros, 30 de novembro de 2017-. O campo de fútbol municipal de Iñás levará o nome de Fernando García Núñez, máis coñecido como Nano. O Goberno municipal comunicará esta decisión no pleno que se celebra hoxe ás 20:00 horas na Casa Charry.

Nano García, veciño de Iñás, sempre foi unha persoa estreitamente vinculada ao Concello de Oleiros e ao deporte. Ademais da súa participación en Radio Oleiros e noutros medios de comunicación, tamén colaborou na organización de numerosos eventos deportivos no municipio.

Está previsto que se realice un acto público proximamente no que se agarda que participen os clubs de fútbol do municipio e todas as entidades deportivas, coas que o colaborador de Radio Oleiros tiña unha estreita relación.

 

back link