Hemeroteca

Asset Publisher

Back O campo de fútbol de Montrove estará rematado na primeira quincena de setembro

Oleiros, 01 de agosto de 2016-. Cando xa estaba moi avanzada a instalación de céspede artificial no campo de Montrove, o Goberno local decidiu paralizar a colocación dos rolos ante a detección de deficiencias graves na tonalidade da herba por parte dos técnicos. A empresa adxudicataria dos traballos terá que volver fabricar o céspede, estando previsto que as obras queden rematadas durante a primeira quincena de setembro.

Hai dúas semanas comezaron a estenderse os rolos de céspede en Montrove, sendo precisamente hoxe luns 1 de agosto o día no que o Concello de Oleiros recibiría a obra. Lamentablemente, despois de realizar diferentes comprobacións técnicas, o Goberno municipal tivo que paralizar os traballos a pasada semana xa que non se cumprían as condicións recollidas no contrato.

A tonalidade de cores da herba incumpría a solidez de cor do produto. Debido a un erro no proceso de produción, existe esa diferenza, o que produce un efecto óptico de cambio de cor pola refracción solar.

O tempo de fabricación dunha nova partida de céspede, o transporte ata Oleiros desde Francia e a súa correspondente instalación debería prolongarse entre catro e cinco semanas. Tendo en conta todo isto, a primeira quincena de setembro as obras estarán finalizadas.
 

back link