Hemeroteca

Asset Publisher

Back O cabaré de FarandOleiras chega o sábado ao auditorio de Mera

Oleiros, 29 de maio de 2019-. A compañía FarandOleiras Cabaré presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Olimpo´s. Este cabaré está escrito e dirixido por Clara Gayo.

FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos como viven e pensan as deusas e deuses dun hipotético (e bastante galego) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos pobres mortais. Neste Olimpo farandoleiro, tamén se imparten cursos de igualdade, tamén hai teito de cristal e... ata hai secesionismo galego!

A entrada é libre con invitación. Poderán recollerse a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Este espectáculo está recomendado para maiores de 12 anos.

back link