Oleiros, 02 de febreiro de 2016-. O sábado 6 de febreiro ás 20:30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a compañía FarandOleiras Cabaré presenta o seu espectáculo Pánico!, escrito e dirixido por Clara Gayo. As entradas teñen un prezo de dous euros e poñeranse á venda a partir das 19:30 horas.
FarandOleiras Cabaré volve unha vez máis aos escenarios, para ofrecer a súa peculiar visión da actualidade cun espectáculo cheo de humor, teatro e números musicais. Pánico! achéganos ao mundo do terror e intriga para demostrar que a realidade sempre supera á ficción e que non hai como botar unhas risas para superar calquera medo.
O elenco está formado por Antonio Doldán, Beatriz Vázquez, Bernardino Cope, David Garrido, Elsa Parada, Esther Patiño, Estela Naranjo, Isa Currais, Lara Valcuende, Manuel Candamio, María Rey, Marisol Cancio, Natalia Domínguez, Noa Vedia, Noelia Papín, Paula Galego, Raquel Sánchez, Saleta Vázquez e Yolanda Zapata.