Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o pase de «A Charca inútil»

Oleiros, 14 de marzo de 2014-. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o pase de A Charca inútil mañá sábado a partir das 20:30 horas. A compañía teatral Teatro do Atlántico, presenta este espectáculo de David Desola baixo a dirección de Xulio Lago.

A charca inútil é un drama sobre a loucura, non como patoloxía, senón como vía de escape, como refuxio a unha existencia insoportable. As personaxes, atormentadas, refúxianse na loucura para se manter cordos. Pero tamén é unha historia de amor, na que as accións son moito máis importantes que as palabras. É tamén unha historia de soidade e misterio na que hai quen quere ver un lugar para a esperanza. A duración da obra é de 90 minutos e o su prezo de 3,5 euros.
 

back link