O alumnado da escola municipal de teatro deleitará ao público cunha decena de actuacións onde se poderá observar todo o aprendido durante o curso 2024/2025. A partir do vindeiro martes 27 de maio sucederanse as actuacións de diversos grupos:
Martes 27 de maio:
16:30h- Obra: “Ñac Ñac”, Grupo de teatro 2018, no CEMAE
18:00h- Obra: “Onde está a primavera?”, Grupo de teatro 2020, no CEMAE
Mércores 28 de maio:
17:00h- Obra: “O mellor tesouro”, Grupo de teatro 2017, no CEMAE
18:00h- Obra: “Ollos de vidro”, Grupo de teatro 2019, no CEMAE
Sábado 7 de xuño:
18:00h- Obra: “O Rei Maragato”, Grupo de teatro 2015, no Auditorio de Mera
20:30h- Obra: “Viva o Teatro”, Grupo de teatro 12-15 anos, no Auditorio de Mera
Martes 10 de xuño:
16:30h- Obra: “As Pérez”, Grupo de teatro 2016, no Auditorio de Mera
17:15h- Obra: “Romeo e Xulieta”, Grupo de teatro 2013, no Auditorio de Mera
18:30h- Obra: “Beetlejuice”, Grupo de teatro 2014, Auditorio de Mera
19:30h- Obra: "Quixotada", Grupo 12 a 15 anos, Audorio Mera
20:30h- Obra: “Airbnb”, Grupo de teatro Adultos, no Auditorio de Mera
Sábado 14 de xuño:
20:30h- Obra: “O caso da muller asasinadiña”, grupo teatro Adultos, no Auditorio de Mera
O concello de Oleiros agradece a implicación de todos os axentes activos da Escola Municipal de Teatro, profesorado, alumnado e todas as persoas que co seu traballo e esforzo ao longo do ano logran que o noso municipio siga a ser un referente no ámbito artístico e cultural.