Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Auditorio Gabriel García Márquez acolle o sábado un espectáculo de circo

Oleiros, 7 de marzo de 2018-. A Compañía Cirk About It presenta este sábado día 10 de marzo, ás 20:30 horas, o espectáculo El Apartamento. Está dirixido a un público familiar e as entradas estarán á venda desde as 20:00 horas a un prezo de 2,50 euros.

Baixo a dirección de Alfonso Alonso, Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engadindo unhas pingas do mellor circo. Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García son os protagonistas deste espectáculo.
 

back link