Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio Gabriel García Márquez acolle a próxima fin de semana catro espectáculos teatrais

Oleiros, 11 de xuño de 2012.-  O Concello de Oleiros presentará os próximos 15 e 16 de xuño no auditorio Gabriel García Márquez de Mera catro novos espectáculos teatrais incluídos no programa Feito en Oleiros 2012. Todas as obras serán postas en escena pola compañía local Axóuxere Teatro. Tanto o venres como o sábado haberá unha primeira sesión ás 20.00 horas e outra ás 21.30 horas. A entrada será libre a todos os espectáculos ata completar a capacidade da sala.

Venres  15 de xuño:

•    Ás 20.00 horas: Historia do zoo. Comedia do autor Edward Albee  e dunha hora de duración.

•    Ás 21.30 horas: El Amor del gato y el perro. Obra de 20 minutos composta por Jardiel Poncela.

Sábado 16 de xuño:

•    Ás 20.00 horas: Análisis perfecto hecho por un loro. Obra de Tennessee Williams. Aproximadamente 20 minutos de duración.

•    Ás 20.45 horas: A rúa do inferno. De Antonio Onetti. Comedia de 75 minutos de duración.


Axóuxere Teatro
É unha asociación cultural e compañía de teatro afeccionado, afincada en Oleiros, a cabalo entre Santa Cruz e Dexo. Despois de dous anos de aprendizaxe e de contacto cos escenarios decídense a dar o salto en xuño de 2008. A súa primeira obra A gata sobre o tellado de zinc quente, de Tennesee Williams, foi estreada o 30 de abril de 2009 no teatro das Torres de Santa Cruz, tras meses de ensaios en Dexo. Ata o de agora, esta obra representouse 15 veces, obtendo varias mencións e un premio no Grove. Vodas de Sangue de F. García Lorca, tamén se estreou o 30 de abril de 2011 no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Esta foi unha produción de gran formato, con 15 intérpretes no escenario, vestiario e maquillaxe xaponés, co deseño e a asistencia do iluminador profesional Antón Arias Marsal, xefe de iluminación do Festival de Ópera da Coruña entre outras moitas cousas. Ao mando dos efectos de son e música estivo Fran Fernández, gravados no estudio de son Audio Dub Dixital, sito en Culleredo.  Esta asociación tamén realizou unha curtametraxe en vídeo dirixida por José Antonio Jiménez "Algún día", na que participou Emilio Barreiro e que foi dobrada no estudio de dobraxe Babalú Vox. O director da compañía é Alejandro Albaiceta, profesional de teatro e audiovisual con 20 anos de experiencia.
 

back link