O DRAGÓN DE OURO é unha obra de teatro contemporáneo que combina varias escenas da vida cotiá dentro dun edificio calquera, nalgún lugar de Europa, onde se atopa o restaurante de comida rápida tailandés-chinés-vietnamita, O Dragón de ouro; arredor do cal vira a escena teatral: un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida. No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita o seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa
A duración do espectáculo é de 70 minutos e está dirixido a público maior de 12 anos.
O prezo da entrada é de 4,00 euros. Poderán ser adquiridas con anterioridade á celebración do espectáculo en www.giglon.com (desde o domingo 13 de setembro ao sábado 19 de outubro ás 19:00h) ou o mesmo día do espectáculo, unha hora antes, na billeteira do auditorio.