Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Auditorio Gabriel García Márquez acolle a música de AcadaCanto

Oleiros, 5 de abril de 2012-. O Concello de Oleiros organiza para mañá sábado día 6 a partir das 20.30 horas un concerto onde a música do conxunto ACadaCanto será a protagonista. Esta banda é unha nova aposta musical de catro  figuras da nosa música, Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero, que coinciden nese cadrado con catro puntas en que se tece un traballo compacto e cunha liña estética definida. Confesan que ACadaCanto naceu nunha conversa nun descanso do concerto de Fuxan os Ventos en Ourense, en que os catro participaban. Deste xeito naceu o cuarteto con que evocan as grandes formacións musicais, dos Beatles a Os Gaiteiros de Soutelo. A duración aproximada do concerto será de 70 minutos e o prezo da entrada é de 2,5 euros. As entradas estarán dispoñibles no auditorio a partir das 19.30 horas.

back link