Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de Mera acolle os concertos pedagóxicos do Concello de Oleiros

Oleiros, 13 de marzo de 2014-. O Concello de Oleiros organiza ao longo de hoxe e mañá os seus concertos pedagóxicos para escolares. Esta actividade pretende mostrar o relevante papel da música en xeral e, en particular, a música de conxunto, para xerar impresións, motivacións, sentimentos e reaccións como parte fundamental das representacións das artes escénicas conxugando, narrativa e música nun único espectáculo.

En total participarán 1200 alumnos das aulas de primeiro, segundo e terceiro ciclo da educación primaria dos centros públicos de ensino de Oleiros. Esta actividade estase a realizaranse durante o horario. Hoxe realizaranse dous pases para o alumnado de 1º a 3º de educación primaria, e mañá para o alumnado de 4º a 6º de EP, en horarios de 10.00 h a 10.45 horas e de 12.15 a 13.00 horas.
 

back link