Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de Mera acolle o pase de «Eurozone»

Oleiros, 29 de novembro de 2013.- O Concello de Oleiros organiza mañá sábado 30 novembro ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera o espectáculo Eurozone. A compañía teatral Grupo Chévere, presenta esta obra de teatro contemporáneo  baixo a dirección de Xesús Ron. Eurozone é unha farsa teatral sobre a crise da zona euro, sobre o fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo. A duración deste espectáculo é de 90 minutos. As entradas, que teñen un prezo de 5 euros, poñeranse á venda a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.

back link