Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de Mera acolle mañá o concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros

Oleiros, 30 de xuño de 2011-. A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros actuará mañá ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. O concerto contará coa presenza de José R. Pascual-Vilaplana como artista invitado. Pascual-Vilaplana é un dos máis destacados directores de bandas de música no panorama nacional.

A actuación que protagonizará mañá a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros estará composta por dúas partes. Na primeira interpretaranse as pezas Yosemite Autum (2003), Mark Camphouse, Martinezza (1993), de Pier Swerts y Africa:Ceremony, Song and Ritual (1994), de Robert Smith. Na segunda parte do concerto os músicos interpretarán El Sorior y la Ordén de Uclés, a peza Portus Veteris (2009), do novo compositor Montes Abalde, e Póritoco, de Antón Alcalde Rodríguez, sen dúbida un dos novos valores máis destacados da composición galega. A pesar da súa xuventude, logrou importantes premios e recoñecementos polas súas obras.

back link