Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de Mera acolle este sábado o pase de «Demolición»

 Oleiros, 17 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para mañá sábado ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera presenta o espectáculo Demolición, da compañía Teatro Talía. Esta obra escrita e dirixida por Cándido Pazó, está representada por Toño Casais e Artur Trillo. A comedia conta a historia de dúas persoas que, casualmente, coinciden na demolición dun edificio como persoas curiosas e entre eles vaise establecendo unha insospeitada relación. As entradas poñeranse á venda ás 19.30 e o seu prezo será de 3,50 euros. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

back link