Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de Mera acolle este sábado o pase de «Meu ben»

 Oleiros, 30 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza o próximo sábado día 4 de outubro o pase da obra teatral Meu ben, de Elaine Murphy, baixo a dirección de Álvaro Lavín. O auditorio Gabriel García Márquez, de Mera acolle este espectáculo da compañía Eme2.

A historia trata sobre Amber, unha moza que vive sen preocupacións ata que de súpeto sofre unha molesta “indixestión”. A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo polo que ten que visitar un “médico da cabeza”. Pola súa parte, a avoa Kay, intenta sentirse viva nos frustrantes sesenta, mentres coida do seu marido enfermo. En definitiva  a historia entrelazada de tres xeracións de mulleres de clase media nun ano extraordinario.

A función comezará ás 20.30 horas. O prezo da entrada é de 3,5 euros e os tíckets estarán á venda unha hora antes. A duración da función será de 80 minutos aproximadamente e non está recomendada para menores de 12 anos.

 
back link