IRIBARNE é unha comedia, unha obra de teatro contemporáneo que relata o percorrido vital e político dun coñecido galego: un tipo nado na mesma vila de Rouco Varela (o cardeal) durante a monarquía de Alfonso XIII. Emigrado a Cuba con tan só un ano -coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos, o protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde e o da francesa. Empeza o bacharel coa entrada da II República, case se fai cura durante a Guerra Civil, pero decide liscar a Madrid, seguindo o rastro doutro galego ilustre nada máis inaugurada a Era do Caudillísimo. Con tanto afán chegou a ser Ministro no seu mandato, e ata pretendía substituílo, mais tivo que conformarse co cargo de vicerrei na súa querida Terra Galega.
A duración do espectáculo é de 180 minutos (inclúe descanso de 15´) e está dirixido a público maior de 12 anos.
O prezo da entrada é de 6,00 euros. Poderán ser adquiridas con anterioridade á celebración do espectáculo en www.giglon.com (desde o domingo 20 de setembro ao sábado 26 de outubro ás 18:00h) ou o mesmo día do espectáculo, unha hora antes, na billeteira do auditorio.