Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio das Torres acolle o xoves unha charla sobre o medo a voar

 Oleiros, 3 de febreiro de 2020-. O vindeiro xoves 6 de febreiro, ás 20:30 horas no auditorio das Torres de Santa Cruz, terá lugar unha conferencia sobre o medo a voar impartida polo médico e psicoterapeuta Gaspar de La Serna, autor do libro “Miedo a volar. Ni se imagina las causas”. A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

 
Nesta conferencia explicarase, a través de casos reais de pacientes tratados, como se adquire a aerofobia e como erradicala completamente, xa se manifeste como simple incomodidade ou auténtico pavor. O seu obxectivo divulgativo é cambiar na poboación a concepción do medo a voar e do seu tratamento.
 
Unha de cada cinco persoas padece algún grao de medo a voar. Por inconcibible que resulte a causa, na inmensa maioría dos afectados, nada ten que ver cos avións en si mesmos, malos voos ou noticias de catástrofes repetidamente difundidas polos medios de comunicación. Se diso dependese, todos os que vivisen ese mesmo voo problemático ou escoitasen as mesmas noticias catastróficas desenvolverían medo a voar e non ocorre así.
 
Xeralmente a orixe atópase en vivencias do pasado, habitualmente da infancia, alleas a voar, que condicionaron o suxeito de modo que un día, quizais moitos anos máis tarde, a fobia brota. As causas son tan sorprendentes que nin sequera o propio suxeito as imaxina. Unha vez identificadas e desactivadas, voará sen esforzo ou temor.
back link