Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Atletico San Pedro, campioas do IV Trofeo Concello de Oleiros de fútbol feminino

O Atletico San Pedro proclamouse campión do IV Trofeo Concello de Oleiros de fútbol feminino, tras gañar na final por 1-0, cun gol de Miranda Suárez. O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, entregaron a copa de campioas desta edición.

O Atlético San Pedro e o Unión Campestre chegaron á final tras eliminar aos outros tres equipos participantes na categoría feminina ao longo das cinco xornadas disputadas: Marino, Santa Cruz e Xuventude de Dorneda. 
 
Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos.
 


 

back link