Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Apalpador 3.0 chega este sábado á Fábrica

 Oleiros, 18 de decembro de 2019-. Este sábado 21 de decembro, ás 17.30 horas, A Xanela do Maxín presenta O Apalpador 3.0 na Fábrica, en Perillo. As persoas interesadas en reservar as entradas poden inscribirse a través do seguinte enlace: https://forms.gle/VCKWj67guntR11JUA. O espectáculo está recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos.

 
O Apalpalpador volve un ano máis a percorrer Galicia repartindo soños e alegrías! E para contar a súa historia unimos as artes escénicas co audiovisual nun espectáculo de monicreques e narración oral na que se inclúe a creación de videoproxeccións en directo, conxugando a tradición e as novas tecnoloxías nunha proposta versátil para todos os públicos.
back link