Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alumnado do María Casares representará unha obra para denunciar a violencia e a desigualdade

Oleiros, 23 de novembro de 2016-. O 25 de novembro, rapazas e rapaces do grupo de teatro do IES María Casares, representarán no Auditorio Gabriel García Márquez a obra Irene Mendiluce. Con este espectáculo preténdense denunciar as situacións de violencia e desigualdade que por desgraza persisten na nosa sociedade.

O grupo de novos actores e actrices do IES María Casares intentan facer reflexionar aos seus compañeiros e compañeiras sobre a violencia, cun espectáculo comprometido onde tamén solicitarán que os presentes axuden coas súas opinións. Os propios estudantes e os profesores de teatro Ramiro Neira e Luís Esmorís son os creadores desta obra.

Ademais do venres 25 de novembro, o martes día 29 haberá outra representación para o IES Neira Vilas e tamén poderán acudir aquelas persoas ás que lles apeteza participar nesta Xornada de Teatro Escolar que organiza o Concello de Oleiros. A función será ás 11.00 horas.
 

back link