Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde visita as obras de finalización do paseo da ría xunto co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco

Esta mañá o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto co concelleiro delegado de Obras Públicas, Antonio Molinos Marcote, e o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco; visitaron as obras de finalización do paseo da ría do Burgo ao seu paso por Oleiros.

As obras, practicamente rematadas, do tramo de paseo que enlaza Oleiros e Cambre xa son toda unha realidade. O alcalde participou esta mañá xunto co delegado do goberno en Galicia nunha visita ás obras na que tamén estaban presentes as alcaldesas e alcalde dos concellos veciños da Coruña, Cambre e Culleredo.

García Seoane amosou o seu grado de satisfacción coa obra: “Tanto esta obra, como a do Paraíso, foron e son loitas do Concello de Oleiros que deben rematar canto antes. Estamos contentísimos de conectar os paseos cos parques municipais, de continuar un paseo que une dous municipios como son Oleiros e Cambre.” 

Ademais Seoane manifestou que “os maiores beneficiarios deste paseo, ademais dos veciños de Oleiros é a veciñanza da comarca, especialmente a do Temple, que teñen unha saída que nunca tiveron, que estaban pechados entre a NVI, a ría e a Costa da Tapia e agora poden subir e baixar por este fantástico paseo, hoxe xa unha realizade: unha obra de unión entre veciños da ría do Burgo”.

Finalmente, o alcalde rematou a súa intervención anunciando o nome co que se inaugurará posteriormente o paseo e que se dedicará ao humanista, guerrilleiro e ex presidente da República do Uruguay, Pepe Mújica.

back link