En Santa Cruz, a estrutura do paseo marítimo presenta problemas en varios puntos. Debido á desaparición de bastante area entre a pasarela do Castelo e o porto, a base das cimentacións están quedando ao aire. “O que demandamos é unha aportación de area para protexer o paseo e posibilitar o baño nesa zona”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
“Respecto á obra do dragado da ría, tras acordar continuar o paseo desde Beiramar ata Cambre resulta que agora van facer “un paseíto” de 1 metro de ancho, co que loxicamente non estamos de acordo. Anunciaron tamén que van botar area nas beiras de Cambre e Culleredo, e nós demandamos que se faga o mesmo entre a ponte Pasaxe e Beiramar, para facer tamén esas zonas aptas para o baño”, dixo García Seoane.
En Mera, hai unha situación moi grave no Xunqueiro desde xa hai un par de anos que segue sen abordarse por parte de Costas. É urxente asegurar o noiro que hai sobre a cala do Xunqueiro para garantir a estabilidade da rúa da Gaivota e, por conseguinte, das vivendas máis próximas, así como pola seguridade dos bañistas e pescadores que acceden á cala.