Oleiros, 26 de xuño de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu esta mañá a visita dunha delegación cubana. Entre os membros desta comitiva do país caribeño atópase personaxes como Alberto Betancourt Roia, diplomático en misións en Xenebra e Francia, e desde 2011 vicepresidente da Asociación Nacional de Economistas e Contadores e director de negocios de CANEC, ou Fernando Martínez Heredia, ensaísta, historiador e investigador en ciencias sociais que actualmente é o Director Xeral e Investigador Titular no Instituto Cubano de Investigación Cultural Juan Marinello, da Habana.
Tamén visitou Oleiros esta mañá Mhirta Rodríguez, nai do preso Antonio Guerreiro, un dos cinco presos en cárceres dos EE.UU que o Estado cubano reclama a súa inmediata liberación ao considerar inxustos os motivos do seu presidio. García Seoane conversou preto dunha hora cos membros da delegación na que trataron temas de actualidade internacional.