Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde recibe a visita de dous dirixentes medioambientais angolanos

Oleiros, 14 de decembro de 2010-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu esta mañá a visita de dous dirixentes do colectivo que agrupa as ONG medioambientais de Angola. Trátase de Rafael Miguel Neto e Januario Jose Agostinho Augusto que visitaron o Concello e o CEIDA de Santa Cruz, dentro da súa visita a distintas institucións europeas, co obxectivo de profundar no seu funcionamento coa intención de exportar este modelo ao futuro Centro de Refêrencia Educaçao de Angola que se atopa en proceso de constitución. Na recepción municipal tamén participou Carlos Vales, director do CEIDA.

back link