Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde recibe a José Gómez e Álvaro Vázquez, ambos recoñecidos co Premio da ESO ao Esforzo e

Oleiros, 11 de febreiro de 2013-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu esta mañá a visita de José Gómez e Álvaro Vázquez, dous veciños de Oleiros recoñecidos co Premio de Educación Secundaria Obrigatoria ao Esforzo e á Superación Persoal, pola súa historia de superación. Ambos sofren unha forte dependencia que porén non lles impide continuar coa súa formación académica. José Gómez ten 18 anos, aos 14 sufriu un infarto cerebral, actualmente estuda Xestión Administrativa. Pola súa parte, Álvaro Vázquez tamén ten 18 anos de idade e a súa intención é matricularse en Dereito.
Os mozos acudiron á recepción acompañados polos seus familiares e conversaron co rexedor nun encontro distendido que durou algo máis de media hora. O Goberno local obsequiounos cun libro.
 

back link