Oleiros, 14 de xuño de 2016-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, estará o vindeiro xoves na Rúa de Valdeorras para participar na charla-coloquio “Municipalismo, as súas posibilidades e os seus límites”. O encontro terá lugar ás 20:00 h na Casa da Cultura da localidade ourensá.
García Seoane dará conta aos asistentes á charla da súa experiencia sobre a formación do movemento veciñal en Oleiros, a chegada ás institucións e a xestión política do Concello desde o Goberno local durante máis de 30 anos. Tamén participará no encontro o actual alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez.