Oleiros, 21 de novembro de 2017-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, participará o vindeiro xoves nas xornadas Hiperespazos, a casa fóra da casa que se desenvolverán no centro Ágora da Coruña desde o mércores ata o venres. García Seoane falará sobre o modelo de xestión das casas municipais de préstamo e dos numerosos equipamentos e instalacións públicas que utilizan os veciños e veciñas do Concello de Oleiros.
As xornadas contarán coa participación de relatores procedentes de todo o Estado que amosarán exemplos como o de Oleiros, que non son comúns, e que poderían servir de referencia para que outros territorios modifiquen os usos dos espazos e equipamentos institucionais.
A conferencia do alcalde será no centro Ágora, o xoves ás 10:45 horas. O acceso é libre e gratuíto, ata completar a capacidade, con inscrición previa no enderezo: hiperespazos@coruna.es.