Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde de Oleiros participa na reunión para abordar a creación da área de prestación conxunta de taxis

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, participou na reunión de alcaldes e alcaldesas convocada polo Concello da Coruña no pazo de María Pita para abordar a creación dunha área de prestación conxunta do servizo de taxi na Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Á reunión asistiron a alcaldesa da Coruña e os alcaldes de Oleiros e Arteixo, mentres que Cambre e Culleredo, aínda estando convocados, non acudiron.

Segundo explica o alcalde de Oleiros, o encontro convocouse para un asunto concreto relacionado cos taxis nestes municipios. Neste sentido, considera "difícil de entender" a ausencia de Culleredo, "cando é unha parte moi importante neste asunto”.

"Esta reunión non era para constituír ningunha Área metropolitana, nin para facela máis ampla como di o alcalde de Culleredo. Era unha reunión para tratar un tema moi concreto coma a problemática do servizo de taxis nuns concellos", lembra o alcalde. Hai outras reunións, por problemas determinados, nas que tampouco participan todos os concellos da comarca. É por exemplo o caso do subministro de auga que afecta a Bergondo, Cambre, Sada e Oleiros, na que, como é lóxico, non participan outros municipios. "Non se pode invitar a concellos a unha reunión se non teñen nada que ver co tema", dixo García Seoane.

back link