Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde de Oleiros fai un chamamento aos seus homólogos galegos para que se impliquen na loit

Oleiros, 18 de decembro de 2015-. Ante a desprotección que están a sufrir os gandeiros galegos por parte dos Gobernos autonómico e central, o alcalde de Oleiros fixo un chamamento a todos os seus homólogos de Galicia para que participen activamente nas protestas do sector. García Seoane denunciou a pasividade dos gobernos de Santiago e Madrid ante o incumprimento do acordo asinado hai uns meses coas industrias do sector.

“Quero facer un chamamento á mobilización de todos os alcaldes de Galicia para que participen nestas protestas. Desde o Goberno, ao amparo das leis antidemocráticas aprobadas polo PP na lexislatura que remata, pretenden ameazar aos nosos gandeiros para que non se manifesten. É por iso que temos que implicarnos todos e todas nesa loita, que é a de todos os galegos e galegas”, dixo García Seoane.

O alcalde denunciou a gravidade da situación que está a poñer en serio risco a supervivencia do rural galego. “Queren acabar coa pouca industria que nos queda en Galicia? Nada se está cumplir do acordo asinado hai uns meses polo Goberno do PP coas industrias. As multinacionais subiron os prezos de venda pero aos nosos gandeiros lles seguen a pagar o mesmo pola súa leite”, denunciaba García Seone.

Existe un descoñecemento importante sobre a situación dos gandeiros galegos e os prezos aos que están a vender a leite. Actualmente, páganlles un 35% menos que aos produtores do resto de territorios de España e non dan cuberto os custos de produción.
 

back link