Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde de Oleiros debaterá sobre a área metropolitana cos seus homólogos da Coruña e Arteixo

Oleiros, 28 de novembro de 2016-. Os alcaldes de Oleiros, Ángel García Seoane, A Coruña, Xulio Ferreiro, e Arteixo, Carlos Calvelo, participarán mañá martes nun debate sobre a construción da Área Metropolitana da Coruña. O coloquio, que organiza a Asociación Metropolitana Coruña 3.0, celebrarase no Sporting Club Casino da Coruña –rúa Real, 83- ás 20:00 horas.

O encontro, presentado por Andrés Precedo Ledo – profesor da Universidade de Santiago de Compostela e experto en modelos metropolitanos-, xirará arredor do modelo máis axeitado para a xestión da Área Metropolitana da Coruña. Tamén se tratarán os criterios de delimitación da área coruñesa e o procedemento máis eficaz para a súa constitución.
 

back link