Hemeroteca

Asset Publisher

Back O acto de entrega de todas as bandeiras azuis de Galicia realizarase o mércores en Bastiagueiro

Oleiros, 27 de maio de 2016-. A Xunta de Galicia notificoulle ao Concello de Oleiros que o acto de entrega das bandeiras azuis que se concederon en Galicia terá lugar o vindeiro mércores ás 12:30 horas na praia de Bastiagueiro. Todos os concellos, portos e outros organismos medioambientais que son recoñecidos con este prestixioso distintivo estarán en Oleiros para recoller as súas correspondentes bandeiras.

“Para nós é un acto importante. É de agradecer que despois de 30 anos coa Bandeira Azul na praia de Bastiagueiro se escolla este fermoso areal do noso municipio para realizar este evento tan importante”, dixo o alcalde Ángel García Soeane. Precisamente a de Bastiagueiro, unha das 5 praias con bandeira azul do Concello de Oleiros neste 2016, é dos poucos areais de Galicia que levan recibindo este recoñecemento de xeito consecutivo durante os últimos 30 anos. As praias de Santa Cristina, Mera, Espiñeiro e Naval, esta última por primeira vez, tamén lucirán a bandeira azul durante este verán.
 

back link