Oleiros, 26 de febreiro de 2016-. O prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2016/2017 permanecerá aberto ata o 26 de marzo. Ata ese día poderán tramitarse tanto as reservas de prazas para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas como as solicitudes de novo ingreso.
Para obter información máis precisa, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Neses centros de ensino serán atendidos e recibirán toda a información que soliciten, así como os impresos e a documentación necesaria.
Na rede, pódese atopar máis información nas seguintes páxinas web: http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.