Oleiros, 10 de marzo de 2021-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen poderán experimentar coas distintas técnicas de traballo e decoración do barro para crear as súas propias flores. A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 13, 20 e 27 de marzo.
Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.