Hemeroteca

Asset Publisher

Back Novas sesións do programa «A hora do conto» nas bibliotecas municipais

Oleiros, 8 de maio de 2012-. As bibliotecas municipais de Oleiros organizan novas sesións da actividade A hora do conto. Con esta iniciativa o Goberno local pretende introducir os nenos e nenas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender. Ao longo destes días  desenvolveranse unha serie de actuacións dirixidas a escolares con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Terán lugar en todas as bibliotecas municipais e consistirán na narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico que pretende fomentar a imaxinación e  a creatividade. Os obxectivos que se perseguen son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores ou consolidar o hábito da lectura. Todos os actos serán ás 18.30 horas. As sesións dos próximos días desenvolveranse nas seguintes bibliotecas municipais:
 
1. Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 8 de maio
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULOS:             “O castiñeiro máxico”,  “Ota a gaivota”, “Dous consellos e unha empanada”

2. Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 8 de maio
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:             “Teatro de papel”

3. Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 9 de maio
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS:             “A cebra Debra”, “O polo Pepe”, “O segredo do rei Curro”, “O gato Guille e os monstros”

4. Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 9 de maio
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
TÍTULOS:             “Os contos do Titiriteiro”

5. Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 10 de maio
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS:           “O caracol Remoldiño”, “Chibos chibóns”
           
6. Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 11 de maio
CONTACONTOS: Cristina Moreira
TÍTULOS: " Moreiróloga para soñaloides"

7. Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 11 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:  “Imos de excursión!”, “Os animais do bosque”, “A nube egoísta”
 

back link