Hemeroteca

Asset Publisher

Back Novas sancións por depositar escombros e electrodomésticos nos contedores dos Galgos

O Concello continúa a abrir novos expedientes sancionadores a persoas que incumpren as normas para o depósito do lixo. Estes días acaba de ser identificado un novo individuo depositando escombros de obra, madeiras, unha neveira e anteparos na zona de contedores da rúa do Bufo, nos Galgos.

Debido a este vertido en vía publica terá que afrontar unha multa económica de 600 euros. Electrodomésticos, restos de podas, escombros e outros residuos de ámbito doméstico só poden depositarse no punto limpo situado no polígono de Iñás, na rúa Salnés. Só é posible deixar xunto aos contedores mobles, electrodomésticos, colchóns e outros residuos voluminosos do fogar os xoves a partir das 20:00 horas, sempre e cando se chame previamente ao teléfono 981 795 524 para dar o correspondente aviso.

En caso de observar a algunha persoa infrinxindo as normas do lixo, o Concello solicita que se chame á Policía Local: 981 610 001.

Os espazos públicos son patrimonio de todas e todos. Ninguén ten dereito a degradar e maltratar as rúas.

back link