Hemeroteca

Asset Publisher

Back Novas obras de asfaltado de rúas e camiños municipais cun investimento de medio millón de euros

Imagen Novas obras de asfaltado de rúas e camiños municipais cun investimento de medio millón de euros

O Concello de Oleiros investirá nas próximas semanas 497.054 en diversas obras de asfaltado. En concreto vaise renovar o pavimento da rúa Os Regos, rúa Miño e rúa Aro, así como un tramo da avenida Che Guevara en Coruxo.

Con cargo a este mesmo contrato, pero a comezos do 2027, executaranse pavimentacións na rúa Pardiñeiro, rúa Federico Manciñeira e rúa Abeneiro. Estas intervencións, xunto con outras xa programadas, forman parte do traballo continuo do Concello para manter e renovar as infraestruturas viarias municipais, mellorar a seguridade e facilitar os desprazamentos da veciñanza.