Oleiros, 14 de outubro de 2020-. O Concello de Oleiros e a Consellería de Infraestruturas van asinar proximamente un convenio para a realización da última fase do carril bici e das beirarrúas na estrada que vai de Santa Cruz a Mera. O espazo que se vai ampliar e ordenar, que inclúe tamén a creación dunha rotonda, parte desde onde rematan as beirarrúas no Pazo de Arillo ata a confluencia co camiño que vai ao cemiterio de Maianca. Ademais vaise conectar a beirarrúa da urbanización Rialta coa senda interior do Pazo.