Oleiros, 11 de setembro de 2017-. Nas vindeiras semanas retomaranse os traballos de construción da cuberta do parque da Lagoa de Mera logo de que o Goberno municipal resolvera os problemas existentes coa empresa adxudicataria do traballo. Debido aos erros do proxecto, a empresa que o redactou terá que asumir os incrementos económicos precisos para poder realizar a obra.
Esta actuación ten un custo de 323.871,67 euros. Os materiais empregados para a construción da cuberta garanten a integración visual coa paisaxe do contorno mediante unha estrutura abovedada, similar ás ramas das árbores que hai no parque. Empregarase madeira laminada para preservar a calidade estética e paneis transparentes que permitirán o paso da luz natural.